top of page
  • Instagram

34280

 

A obra site specific para a residencia artística Encontros #PuntoCero en Bembibre, plantexa unha crítica arredor do uso irresponsable dos recursos naturais vinculado este a unha perda do sentimento de pertenza a un cosmos entendido dende unha óptica relixioso-mística ou naturalista. Os recursos esgótanse e non somos conscientes nin deste feito nin do papel que nós xogamos no proceso. Sen embargo, somos consumidores de natureza. Ten isto algo que ver con que xa non miramos cara o ceo do mesmo xeito?

 

Patricia Coucheiro

​

Antas de Ulla, 1990. É licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Guión e Dirección Cinematográfica. Paralelamente, desenvolve traballos dramáticos en varias compañías como directora, guionista e intérprete. No ano 2012 realiza o Mestrado de Profesorado de Educación Secundaria, na especialidade de Artes, interesada nas implicacións educativas que a linguaxe audiovisual exerce na sociedade actual, especialmente no ámbito rural. A partir dese momento, leva a cabo varios proxectos colaborativos con centros educativos e asociacións a través da experimentación a partir de creacións audiovisuais. No 2017 remata de cursar o Mestrado en Arte Contemporánea. Creación e Investigación da Universidade de Vigo, desenvolvendo unha proposta de cine-ensaio, Amarante, na que se propón unha inmersión persoal na memoria dunha pequena aldea da Comarca da Ulloa, na provincia de Lugo.

bottom of page